Maruja Mallo, Día das Artes Galegas 2017


Día das Artes Galegas do 2017,
Maruja Mallo,
meiga nova,
metade anxo, metade marisco,
entre verbena e espantallo,
toda a beleza do mundo
cabe dentro do ollo.



A nosa axenda para este 1 de abril de 2017:

Ás 11:00 h estaremos almorzando no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e pedindo "Pan!" como contaba Maruja... 
Grazas á Deputación de Pontevedra e A Devesa.
Achegádevos!

Ás 12:00 h no Salón do Libro de Pontevedra presentaremos
o segundo libro da colección Mulleres Galegas:
"Meiga nova, metade anxo, metade marisco.
Pequena biografía de Maruja Mallo."

Ás 18:00 h na Casa do Pobo de Beluso, 
nun acto do departamento provincial de Cultura e Lingua, 
trataremos de recrear aquelas xuntanzas talentosas
que tiñan lugar na parroquia buenense, ao noso xeito,
con contos e debuxos.

Meiga nova, metade anxo, metade marisco. (Lela Edicións, 2017)


Publicacións populares